Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Loli Rodríguez

Dous gobernos

18:10 03/10/2008

Dous gobernos que na teoría son un. Dúas forzas políticas que non acadaron os votos suficientes nas urnas e que tiveron que xuntar os de ambos impedindo gobernar ó partido máis votado. Facendo trampas.

Cada un deses gobernos, ou cada unha das partes dese goberno, ten unha ideoloxía distinta, unhas prioridades distintas, diferentes formas de analizar e solucionar os problemas.

Uns a favor das galescolas e outros pensando que estas non son máis que centros de adoutrinamento.

Uns criticando ó goberno e outros apoiándoo.

Uns a favor de educación para a cidadanía e outros en contra.

Uns a favor do ensino íntegramente en galego e outros non.

Uns a favor de potenciar a cultura galega e outros apostando pola española.

Uns apostando pola reserva de chan para a construción de vivendas protexidas e outros en contra.

Uns apostando pola billarda e outros tirando cara o fútbol.

Non se poñen dacordo nin nas reunións do máximo órgano de dirección de goberno.

Pero eles intentan aparentar normalidade.

Un desastre, vaia. Esto non é o que elixiron os cidadáns, di o terceiro en discordia, o partido máis votado pero ó que non lle deixaron gobernar.

Existen dous gobernos, din moitos.

E que di o Sr. Feijoo?

Perlas coma esta: “El pacto en Santiago(o do PSdeG-PSOE e o BNG para facilitar que nos concellos goberne a forza máis votada das dúas opcións) va contra la autonomía local de los concejales electos”

Existen dous gobernos en Muros Sr. Feijoo?

Os concelleiros do PP de Muros a quen atenden ordes, ó alcalde nacionalista Domingos Dosil ou ó portavoz popular J.Antonio Siaba?

É un goberno de coalición malo para Galicia pero bo para Muros?

Son os do BNG cos que goberna o PP en Muros os mesmos que apoian o Plan Ibarretxe, os que segundo vostede queren impoñer o galego negando a liberdade de elección, os mesmos que apoian o modelo de financiamento que propón Cataluña? Son os mesmos ou é que os do BNG de Muros son diferentes?

1,9/5 (61 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Loli Rodríguez

Loli Rodríguez Amoroso naceu en Lugo en 1978. Meteuse de cheo no mundo asociativo na súa etapa universitaria, cando estudiaba Dereito na Universidade da Coruña, chegando a ser representante de estudantes na súa Facultade, no Claustro Universitario e no Consello de Goberno. Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia dende o 2005, accedeu á Presidencia do Consello da Xuventude de Galicia en 2004. Tamén podes ler o seu blog. »



Anteriores...