Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Loli Rodríguez

210 euros

13:25 23/09/2007

210 euros debe ser a cifra máis escoitada nos últimos días. Dende logo o Presidente de Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, e Carme Chacón, Ministra de Vivenda, conseguiron que non haxa nin un mozo en toda España que non saiba que pode solicitar unha axuda de 210 € para gastos de aluguer.

É en momentos coma este cando, como moza, me sinto máis orgullosa de militar no Partido Socialista.

O plan de apoio á emancipación e impulso ó aluguer é noticia estrela nos medios de comunicación, ben sexa polas medidas que contempla o propio plan, ben polas críticas que lle fan os partidos da oposición. E aí é onde eu quedo perplexa.

Imos ver. Mentras gobernou o Partido Popular os prezos da vivenda eleváronse cinco veces por riba do crecemento dos soldos, o prezo aumentou un 150% entre o ano 1998 e o 2005, e ademáis eliminaron todas as desgravacións fiscais por aluguer.

O Partido Socialista, no seu programa electoral, comprometeuse coa mocidade á atallar ó problema da vivenda, e iso estamos facendo dende o comezo da legxislatura. O incremento do prezo da vivenda reduciuse nun 60%, pasando de medrar ó 18% a medrar ó 7%. Estanse construindo máis vivendas protexidas que nunca, no 2006 iniciáronse 95.200 vivendas protexidas, a maior cifra dende o ano 1987.

E ademáis estase apostando polo aluguer, unha alternativa á compra de vivenda, moi apreciada neutros países da UE pero allea á cultura española e que, dende o meu punto de vista, habería que potenciar.

A partir do 1 de Xaneiro do 2008, todo aquel mozo de entre 22 e 30 anos que cobre por debaixo dos 22.000 € anuais terá dereito a acceder á unha axuda de 210 € mensuais. A esto hai que engadirlle as novas desgravacións fiscais do aluguer, medida que xa existía con anteriores gobernos socialistas e que o PP se encargou de eliminar, amén de medidas que dan garantías e seguridade ós arrendadores das vivendas.

Así que, ó PP, máis lle valería estar calado e mirar un pouquiño para os datos de vivenda de cando eles gobernaban, que non sei como non lles cae a cara de vergoña cando falan de determinadas cousas.

Outra vaca no millo
E logo está o do BNG, que xa me parece de chiste, como se soe decir: Outra vaca no millo! Nestos días saíu a Conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, manifestando as súas reticencias sobre o plan e dicindo que temía un aumento dos prezos dos alugueres.

Sobre esto gustaríame dicir que, da pillería non escapa ningunha medida das Administracións Públicas, pero que tachar de irresponsables os donos das vivendas en aluguer, que é, en definitiva, o que se deduce das súas palabras, paréceme bastante fóra de lugar nun representante público.

Tamén penso que seguramente a conselleira debería preocuparse máis por facilitar o acceso á vivenda ós mozos e mozas galegas e deixar traballar ó resto das Administracións.

Básicamente porque así como todo o mundo coñece o plan estatal do que estamos a falar casi ninguén coñece as medidas postas en marcha pola Consellería de Vivenda. Anuncios no periódico tipo “Plan de vivenda 2005-2008” sin máis especificacións moitos, pero actuacións poucas.

E outra cousa máis lle diría á conselleira, que en lugar de dedicarse a criticar ó Ministerio de Vivenda, aínda podería aprender deles algunha cousiña. Por exemplo a facer un plan consensuado. Carme Chacón reuniuse con entidades de tódolos sectores interesados para consensuar o Plan: sindicatos, organizacións de consumidores, Consejo de la Juventud de España, promotores, cooperativas de vivendas, administradores de fincas, etc, etc… A ver si algún día a Conselleira toma nota e se reúne tamén para consultar as medidas a tomar para atallar o problema da vivenda en Galicia.

En fin, xa se sabe, o falar non ten cancelas!

1,7/5 (30 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Loli Rodríguez

Loli Rodríguez Amoroso naceu en Lugo en 1978. Meteuse de cheo no mundo asociativo na súa etapa universitaria, cando estudiaba Dereito na Universidade da Coruña, chegando a ser representante de estudantes na súa Facultade, no Claustro Universitario e no Consello de Goberno. Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia dende o 2005, accedeu á Presidencia do Consello da Xuventude de Galicia en 2004. Tamén podes ler o seu blog. »



Anteriores...